RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Charity Adule, nova xogadora do Dépor ABANCA 2021-2022

Charity Ogbenyealu Adule (Abia, Nixeria, 7 de novembro de 1993) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

A extrema nixeriana procede da SD Eibar, conxunto no que militou as dúas últimas campañas. Na primeira delas, logrou o ascenso a Primera Iberdrola, xogando 19 partidos e marcando 8 goles. O curso pasado, na máxima categoría, disputou o mesmo número de encontros aínda que nesta ocasión non viu porta.

Con anterioridade, Adule militou no Rivers Angels FC (2006-2011), co que debutou en categoría senior con só 14 anos, e o Bayelsa Queens FC (2011-2014), ambos do seu país natal. Posteriormente fichou polo BIIK Kazygurt, conxunto de Kazajistán no que xogou cinco temporadas (2014-2019), nas que fixo pleno de títulos con 5 dobretes Liga-Copa.

Internacional absoluta con Nixeria, Adule participou en dous campionatos do mundo sub-20 coa selección do seu país. Na edición de 2010, en Alemaña, alcanzou a final, na que Nixeria perdeu fronte ás anfitrioas (2-0). Adule xogou 5 dos 6 partidos, aínda que só un deles como titular. No torneo de 2012, celebrado en Xapón, Nixeria obtivo a cuarta posición final despois de perder a semifinal fronte a Estados Unidos. No país nipón, Adule disputou 5 encontros, sendo titular en 2 deles.