RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Clínica Pardiñas realizará as probas máis avanzadas ao cadro do Dépor

Clínica Pardiñas, clínica médico dental de referencia do RC Deportivo, continúa, unha temporada máis, apoiando ao Club a través do seu programa de patrocinios e aos seus equipos cos máis avanzados servizos odontolóxicos. Unha vez configurada todo o cadro do equipo para a Temporada 2021-2022, os futbolistas branquiazuis irán pasando un a un polas céntricas instalacións de Clínica Pardiñas para someterse á máis completa revisión bucodental, que inclúe un estudo en 3D que o doutor Simón Pardiñas explicou para todos os Deportivistas no acto de presentación do acordo xunto ao doutor Carlos Lariño, xefe dos servizos médicos branquiazuis:

Os datos extraídos dos estudos realizados en Clínica Pardiñas incorporaranse ás fichas de seguimento médico de cada un dos xogadores do Dépor pola importancia que teñen á hora de previr lesións ou axudar na súa recuperación, como se desprende do artigo asinado por Clínica Pardiñas: "A saúde bucodental inflúe no rendemento deportivo

Do mesmo xeito que para o cadro do RC Deportivo, as técnicas e servizos máis avanzados en saúde bucodental atópanse ao alcance de todos os Deportivistas e coruñeses na rúa Real, 66 3º (981 214 000).