Cris Martínez estará uns meses afastada dos terreos de xogo por mor da súa próxima maternidade
Cris Martínez permanecerá uns meses afastada dos terreos de xogo pola súa próxima maternidade.
A capitá do Dépor ABANCA convocou no vestiario de Abegondo a todas as súas compañeiras e ao staff técnico para comunicarlles a noticia nun emotivo acto no que levou o agarimo das Nosas.
A próxima semana, a futbolista branquiazul ten previsto comparecer en rolda de prensa.
Cris Martínez é a única xogadora que se mantén no Club desde a temporada de fundación do Deportivo ABANCA, a 2016-17.
A lateral astorgana disputa a súa novena temporada nas filas deportivistas, nas que xogou 221 partidos, divididos en 203 en Liga F (71 na máxima categoría, 77 en Reto Iberdrola/ Primera Federación Iberdrola e 59 en Segunda Nacional), 9 en Copa de la Reina, 8 en playoff de ascenso a Liga F e 1 en playout de Primera RFEF. A conta goleadora de Cris Martínez elévase a 4 tantos: 1 en playoff de ascenso a Liga F, 2 en Segunda Nacional e 1 en Primera Federación Iberdrola.
Cris Martínez foi titular no primeiro partido oficial da historia do Dépor ABANCA, o 4 de setembro de 2016, ante o Oviedo Moderno CF en Ponte dos Brozos (Arteixo). Tamén foi titular no partido do primeiro ascenso á máxima categoría, o 19 de maio de 2019, no campo do CD Femarguín, e igualmente foi titular no partido do ascenso da temporada ante o CP Cacereño en Riazor. Ademais formou parte do once inicial no debut do equipo na División de Honra, o 8 de setembro de 2019, fronte ao RCD Espanyol en Abegondo.