RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

David Mella e Ainhoa Marín recibiron o premio ao Xogador Estrela do pasado mes de decembro do Dépor e Dépor ABANCA

David Mella Boullón (23 de maio de 2005, Santiago de Compostela) e Ainhoa Marín Martín (21 de marzo de 2001, Badalona, Barcelona) recolleron esta mañá na sala de prensa de Abegondo de mans de Gustavo Galván, promotor de Estrella Galicia, o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de decembro no seu equipo polas súas actuacións nos partidos de liga ante o Real Zaragoza, CD Castellón e CD Mirandés no caso de David Mella; e Granada CF, Real Madrid CF e Valencia CF Féminas no caso de Ainhoa Marín.

A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos branquiazuis foron a formada por Yeremay, Mella e Helton Leite no caso do Dépor; e Ainhoa Marín, Lucía Martínez e Inês Pereira no caso do Dépor ABANCA.

Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Mella foi o elixido no primeiro equipo masculino co 44,5 % dos votos dos afeccionados, por 37,3 % de Helton Leite e 18,2 % de Yeremay. No apartado feminino, Ainhoa Marín impúxose co 47,3 % por 28,3% de Inês Pereira e 24,4% de Lucía Martínez.

David Mella deu as grazas polo premio a "Estrella Galicia, a #ANOSAFORZA e sobre todo aos meus compañeiros que son os que se merecen o premio porque todos somos os mellores todos os meses".

Pola súa banda, Ainhoa Marín confesa estar "moi orgullosa. Tanto o equipo como eu individualmente os últimos partidos de decembro competimos de verdade e supoño que iso se viu resaltado en #ANOSAFORZA".