RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

De la Barrera desexa que "isto permita tomar impulso" e asegura que "#ANOSAFORZA vai responder con máis forza aínda"

Rubén de la Barrera pediu na sala de prensa de Castalia en primeiro lugar "desculpas a #ANOSAFORZA. Todo o que diga non chega nin á milésima parte do que sinto e do que sente o vestiario".

Confesa que "é un momento moi fodido" e está convencido que "o deportivismo vai responder con máis forza aínda. É evidente que é unha decepción e unha putada moi gorda porque estaba todo orientado e preparándonos para coller ese ascenso. Non vai poder ser pero que isto permita tomar un impulso, ter claro como e de que maneira facer as cousas; e que de todo iso se beneficie o Club a nivel deportivo".

Acerca do seu futuro no banco, subliña que "son Deportivista, sentareime co Club e quero escoitar o que propoñen e o que queren facer. As miñas ganas por estar son todas máis aló de categorías. Porque se fóra por categorías eu non viría á Coruña e menos dispondo dun mes e xogándote un ascenso porque valoras a consecuencia dun ascenso pero tamén valoras o que pode ocorrer se non ascendes. Son valente, son Deportivista, quero axudar ao Club, quero axudar a todas as persoas que forman parte de todo isto, quero axudar a tentar que o Club vaia transformándose cara a aquilo que lle vai a dar solvencia, consistencia, solidez e en definitiva bos resultados, orgullo para que #ANOSAFORZA siga sentindo que independentemente de categorías é un Club enorme. A miña vontade é esa, continuar, quero escoitalos e estou convencido que eles como Club determinarán a través dunha serie de decisións cal é a mellor maneira de ir cara a adiante".

O técnico coruñés definiu o partido como un "vaivén de emocións, de situacións onde lles facilitamos os goles. Despois de todo iso demos un paso e fixemos cousas para poder levar o partido a campo contrario, xerar ocasións. Puxémonos 2-2. E despois de todo iso son circunstancias após circunstancias".

Explica que na prórroga "o feito de xogar con 10, ante un equipo que acumula xente na área, ameaza centros.... Tentamos pechar eses centros, esa área. Non é o día para analizar o partido, si o resultado, as consecuencias do mesmo. E sobre todo pedir desculpas a todo o deportivismo. Cheguei coa ilusión de poder lograr o ascenso. E non se cumpriu".

Rubén de la Barrera recalca que o fútbol "é un xogo de erros. Equivoqueime, equivocámonos. É unha sensación que dificilmente a podemos explicar desde outra maneira. Equivocámonos e eles aproveitárono. A miña sensación é que o partido estaba para facerlles máis dano e para matalo, mesmo cando nos puxemos 2-0 abaixo".