RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dépor ABANCA e #ANosaCanteira usarán os GPS e a tecnoloxía de Yoomedoo

Yoomedoo convértese desde este ano e por dúas temporadas en provedor oficial do RC Deportivo, máis concretamente na plataforma oficial de monitorización do Dépor ABANCA e o equipo xuvenil do Club, pondo a disposición de ambos os equipos e os seus corpos técnicos o material tecnolóxico necesario para a monitorización dos adestramentos e partidos de ambos os conxuntos.

Os chalecos e GPS de Yoomedoo permitirán o seguimento personalizado de cada futbolista nos diferente parámetros que a tecnoloxía do novo socio do Deportivo permite analizar: velocidade máxima, quilómetros percorridos, intensidade... unha completa relación de datos que permitirá a mellora individual e colectiva das Nosas e A Nosa Canteira.