Dépor Genuine e Celta Integra xogarán en Abegondo este domingo e despois asistirán o Dépor-Celta Fortuna en ABANCA-RIAZOR
Dépor Genuine e Celta Integra disputarán unha nova edición de #ONOSODERBI Genuine o vindeiro domingo 8 de outubro ás 12:00 h. na Cidade Deportiva de Abegondo.
A Fundación RC Deportivo organiza unha xornada de convivencia na matinal do domingo, á que foi convidado ao Celta Integra, equipo Genuine do RC Celta de Vigo, coincidindo co encontro da 7ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación entre o RC Deportivo e o RC Celta Fortuna.
A xornada contará con invitados de luxo pertencentes ás asociacións de veteranos de ambos os clubs, que converterán o domingo nunha festa do fútbol galego.
Tralos encontros, celebrarán unha comida como terceiro tempo e posteriormente continuarán en horario xa de tarde como convidados ao Estadio ABANCA-RIAZOR, para presenciar in situ, a partir das 19:00 h., o encontro ligueiro entre branquiazuis e celestes.
O RC Deportivo quere agradecer aos seus patrocinadores Duacode, Vales & Asociados e Quirón Salud o compromiso na posta en marcha desta iniciativa e no seu apoio ao Dépor Genuine.