RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Derik Osede, na súa presentación: "Desde o primeiro momento quixen vir porque o proxecto é moi grande"

Derik Osede Prieto (Madrid, 21 de febreiro de 1993) foi presentado esta mañá en Abegondo como novo xogador do Deportivo.

Acompañado por Alfonso Serrano, Secretario Técnico do Club, o defensor deportivista posou en primeiro lugar coa súa nova camiseta branquiazul.

A continuación, Derik púxose a disposición dos medios de comunicación no espazo da Cidade Deportiva habilitado para tal fin.

Subliñou en primeiro lugar que "estaba libre e puxéronse en contacto comigo. Mostráronme interese e desde o primeiro momento quixen vir porque o proxecto é moi grande".

Desvela que tiña máis opcións no mercado pero "desde que escoitei a opción do Deportivo quería vir aquí porque sempre foi un Club que tiven moi presente. Foi un grande. O interese motivoume moito".

Derik coincidiu en anteriores etapas con Héctor, Borja Granero e Salva: "Xoguei con eles. Axudáronme, puxéronmo moi fácil. A aclimatación foi moi boa".

De cara a esta temporada, asegura que "todo o mundo está moi ilusionado con este proxecto. Todos os xogadores imos a unha. O obxectivo é gañar o primeiro partido, impoñer o noso xogo e sacar os 3 puntos en cada partido".

Insiste en que "imos tentar gañar todos os partidos. Imos estar concentrados e tentar gañar sempre".

Preguntado sobre o equipo, o defensor branquiazul ve un "bloque bo. Todos estamos a traballar para xogar. Todos temos que poñerllo difícil ao adestrador".

Defínese como un central "rápido. Non teño medo a xogar ás costas. Gústame sacar o balón xogado desde atrás".

Finalmente non teme á presión de ser un dos favoritos ao ascenso: "Cada persoa manéxaa de diferente maneira. Ao final isto é para min é un novo reto e gústanme os retos; así que nada de presión".