RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Derrota con bo sabor de boca do Dépor ABANCA en Braga

- Foto: @SCBragaOficial -

O Dépor ABANCA puxo o punto final á pretemporada cun último amigable (4-1) no Estadio 1º de Maio de Braga (Portugal) ante un dos equipos potentes da liga BPI, o Sporting Braga Feminino.

Por diante queda xa o arranque ligueiro en Segunda División, a próxima fin de semana en Abegondo ante o FC Barcelona B.

As portuguesas, terceiras na pasada campaña, chegaron ao choque ante o Dépor ABANCA, último tamén antes de arrincar a liga lusa, despois dunha vitoria contundente ante o Lank Vilaverdense (5-0). Pola súa banda, as branquiazuis presentábanse na cidade lusa despois dunha derrota pola mínima ante o Oviedo Moderno CF (0-1), nun partido que puido caer ao lado de calquera dos dous equipos.

Miguel Llorente recuperou a Ainhoa Marín, que foi titular; aínda que non puido contar por lesión con María Sampalo e Eva Dios, ademais de Laura Fernández.

A pesar de ser un amigable, o encontro foi de alta intensidade sobre todo por parte dun Sporting Braga agresivo en moitas partes do encontro.

Ao descanso chegouse con igualada e foi na segunda parte cando as portuguesas acertaron coa meta deportivista. Jone Ibáñez 'Ibi' anotou polo Dépor ABANCA co tempo case cumprido.

Deportivo ABANCA: Ana Valles, Cris, Inés Altamira, Raquel García, Patri López, Paula Gutiérrez, Alba Merino, Jone Ibáñez 'Ibi', Carlota, Ainhoa Marín e María Ruiz. Tamén xogaron: Reigosa, Paula Novo, Tati, Alejandra Serrano 'Ale', Goretti e Aroa.