RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Dez asociacións participan na Bancada Solidaria do Dépor - Sporting de Gijón

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo deste sábado 6 de setembro (16:15) fronte ao Sporting de Gijón, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Mentalia Salud, MPDL Galicia - Movemento pola Paz, Hogar Sor Eusebia, ASEM Galicia (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares), Fundación Secretariado Xitano, Cáritas, Pastoral Penitenciaria, Padre Rubinos, ASPESOR (Asociación de Persoas Xordas da Coruña) e CASCO (Comité Cidadán Antisida da Coruña).

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.