RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Doazón do RC Deportivo á Cruz Vermella de Venezuela para os seus proxectos cos escolares de Caracas

O RC Deportivo atópase inmerso unha nova e ambiciosa xira promocional, 'DÉ x Venezuela', após a levada a cabo recentemente en Brasil. 

A expedición deportivista está encabezada pola vicepresidenta Michelle Clemente e o responsable da área internacional Alejandro Vidal.

A axenda deste venres 25 de abril tivo como evento central un acto coa Cruz Vermella de Venezuela polo que o Club doou 60 balóns destinados aos seus proxectos locais cos colexios de Caracas.

Un dos actos subliñados en vermello na xira 'DÉ x Venezuela' terá lugar mañá domingo 27 de abril cunha festa na Hermandad Gallega de Caracas, coincidindo coa retransmisión do partido do Dépor en El Sardinero ante o Real Racing Club. Este evento contará coa colaboración de LaLiga. Haberá tamén sorteo de merchandising do Club e disputarase un partido amigable.

O pasado xoves 24 de abril o RC Deportivo foi recibido na Embaixada de España a cargo do Excmo Sr. Álvaro Albacete Perea.

A Xira 'DÉ x Venezuela' arrincou o pasado martes 22 de abril coa visita ao Caracas FC, un dos grandes clubs de Venezuela. Exerceu de anfitrión Miguel Mea Vitali, Director Deportivo.

A continuación, houbo recibimento na populosa Hermandad Gallega de Caracas.

O longo día concluíu cunha serie de reunións na sede da Federación Venezolana de Fútbol co secretario xeral, David Quintanilla.

O RC Deportivo estreita así os lazos cun dos países americanos con maior comunidade galega, ademais de ser unha importante potencia futbolística tanto a nivel masculino como feminino, como o demostran as xogadoras venezolanas que militan (caso de Michi Apóstol) ou militaron no Dépor ABANCA (Oriana Altuve, Gaby, Michelle Romero, Kika...).