Dous erros en defensa condenan ao Deportivo ABANCA B na súa visita ao PM Friol
Dous erros defensivos condenaron ao Deportivo ABANCA B na súa visita ao PM Friol (4-2), en partido correspondente á 8ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.
Aínda así, as branquiazuis dispuxeron de oportunidades para sacar un mellor resultado da Reigosa, un campo onde as lucenses son poderosas, como o demostra o feito de que acaban de apear na primeira eliminatoria da Copa da Raíña, a partido único, ao CDF Osasuna (4-2).
Paula Monteagudo e Laura Otero foron as autoras dos goles deportivistas.
Con este marcador, o Deportivo ABANCA B queda con 11 puntos na zona media-alta da clasificación.
Deportivo ABANCA B: Martina, Paula Novo, Ansede, María Calvo, Eva Santamaría, Celia, Marta Rico, Carmen Carballada, Noela, Paula Monteagudo e Elena López 'Cusi'. Tamén xogaron: Laura Otero, Marta Méndez, Laura Testa e Trillo.
A próxima fin de semana o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Oviedo Moderno CF B.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela) Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0 Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico) Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1 Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0 UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati) Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1 PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)