RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Duro debut europeo para o Dépor na UEFA Youth League

O Deportivo Xuvenil afrontaba nunha fría e chuviosa tarde en Polonia o seu debut na UEFA Youth League como campión español de xuvenís e fíxoo cun castigo excesivo aos méritos contraídos durante o partido.

Aínda que aos xogadores dirixidos por Manuel Pablo custoulles entrar no encontro e manter a intensidade nos case 100 minutos xogados, o Dépor si dispuxo de ocasións para marcar e conservar un marcador máis curto para a volta. Manu Rivas de centro chute, Mella de lonxe, ou Yeremay e Trigo nunha dobre acción consecutiva que obrigou a intervir a Legowski tiveron oportunidades para anotar. As máis claras foron para Mella, que a estrelou no pau esquerdo e Mario Domínguez que forzou unha parada espectacular do gardameta local.

Durante todo o partido houbo moita contundencia física, varios xogadores que tiveron que saír do campo lesionados, outros cargados polo esforzo, e intercambio de ocasións. O equipo local non perdoou cando máis débil se atopaba o Dépor, ao final de cada unha das partes, para anotar os goles que poden sentenciar definitivamente a eliminatoria. A punto estiveron de facer o cuarto xusto antes do final pero Brais salvou a ocasión.

Agora o Dépor deberá tentar unha épica remontada europea en ABANCA-RIAZOR. Será o día 20 a partir das 20 horas na que ten que ser unha gran festa do fútbol formativo coruñés e deportivista pese ao xerro de auga fría deste partido de ida.

Pogoń Szczecin: Legowski, Rezaeian (Fornalik, min. 37), Bialczyk, Magnuszewski, Freilich, Bak, Kort, Legowski, Lukasiak, Fornalczyk (Korczakowski, min. 72), Krzysztofek (Grzelka, min. 12)

RC Deportivo: Brais Suárez, Teijo (Nacho Díaz, min. 78), Barcia, Juan Rodríguez, Manu Rivas, Mario Domínguez (Hugo Urdiales, min. 67; Garaboa, min. 78), Rubén López, Yeremay, Nájera (Diego Gómez, min. 50), Mella y Pablo Trigo (Hugo Baldomar, min. 79) 

Goles: 1-0 Fornalczyk (min. 39); Bak (min. 45+3); 3-0 Grelka (min. 90+2)

Árbitro: Christopher Jaeger (Austria). Amoestou a Rezaeian (min. 3), Rubén López (min. 33), Fornalczyk (min. 52), Juan Rodríguez (min. 57), Mario Domínguez (min. 62) e Freilich (min. 90). Expulsou por dobre cartón a Yeremay (min. 52 e 86)

Incidencias: Partido de ida da primeira fase da Ruta dos Campións da UEFA Youth League disputado no Estadio Municipal Florian Krygier de Szczecin ante uns 3.500 espectadores