Volve o Deportivo á Rosaleda por segunda vez na tempada. E vai sobre aviso tras o mal que o pasou no partido de copa do Rei polo bo xogo despregado polo equipo local.
Se por algo se caracteriza o xogo do Málaga é pola súa alegría e a súa facilidade de chegar á portaría contraria. O seu estandarte é Catanha, que leva un bo puñado de goles na liga, ben secundado polo uruguaio Dos Santos. Pero Catanha, Ruano, Dá Silva e Dos Santos serán, probablemente, baixas ante o Deportivo por sanción.
Á espera das reclamacións do Club malacitano, o ataque do próximo rival deportivista estará sensiblemente mermado.
Pase o que pase en Highbury, o venres o Deportivo terá a mente posta xa no encontro de Liga ante os de Peiró.