RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Elena e Redru participaron no triunfo da selección española sub-19 ante Francia

-Foto:@rfef.é

 

Elena Vázquez e Paula Redruello 'Redru' están concentradas coa selección española sub-19 na localidade alacantina de Alfaz del Pi.

Durante estes días este combinado nacional que dirixe David Aznar xogará dous amigables ante Francia.

O primeiro deles foi este sábado 25 de outubro no complexo Albin Garden Sports.

Venceron as españolas por 2-0, coa participación na segunda metade das dúas canteirás branquiazuis (na foto da noticia Redru).

A próxima cita entre as dúas seleccións será o martes 28 de outubro ás 11:00 no Estadio Camilo Cano de La Nucía.

O encontro poderase seguir en directo na páxina web oficial da Federación Española e nas redes sociais de @SEFutbolFem .

O calendario do combinado español, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 25 de outubro
ESPAÑA 2 - FRANCIA 0

Martes 28 de outubro
11:00: ESPAÑA - FRANCIA no Estadio Olímpico Camilo Cano en La Nucía

Finalizado este encontro, Elena e Redru regresarán á Coruña.

Estes partidos servirán como preparación para a Rolda 1 do Campionato de Europa Sub-19 2025-26, que defende España, e na que as españolas se medirán no Grupo A a Alemaña, Bélxica e Illas Feroe. 

Elena Vázquez xa é futbolista do primeiro equipo para todos os efectos mentres que Redru foi unha das sensacións da pretemporada.

Até a data Elena participou en 5 partidos en Liga F, 4 deles como titular.

Pola súa banda, Redru tivo minutos en 4 partidos co Dépor ABANCA, 1 deles como titular.