RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA26 set 2023

Elena Vázquez e Lucía Rivas, convocadas pola selección española sub-17 para unhas xornadas de adestramento

Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007) e Lucia Rivas Moure (Caldas de Reis, Pontevedra, 23 de agosto de 2007), xogadoras do Deportivo ABANCA B, foron citadas por Kenio Gonzalo, seleccionador español sub-17 para unhas xornadas de adestramento en Las Rozas a próxima semana.

A selección española feminina sub-17 concentrarase na Ciudad del Fútbol de Las Rozas o luns 2 de outubro para realizar varias sesións de adestramento. Dita concentración estenderase até o mércores 4 de outubro, despois da comida.

O Dépor ABANCA é o terceiro equipo con máis convocadas, só superado polas seis de FC Barcelona e Real Madrid CF, e igualado co Real Sporting de Gijón. Outros 8 clubs están representados por unha soa futbolista.

Ambas as xogadoras xa foron convocadas con anterioridade. Elena Vázquez alcanzou o subcampeonato continental con este mesmo combinado o pasado mes de maio en Estonia. Lucía Rivas disputou o Torneo de Desenvolvemento UEFA coa selección sub-16, tamén en maio, en Finlandia.

Do mesmo xeito, as dúas futbolistas renovaron os seus respectivos compromisos co Deportivo ABANCA este mesmo verán.