RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Elena Vázquez, subcampioa do mundo sub-17

-Foto:@rfef.es

 

Elena Vázquez representou ao Deportivo ABANCA no Campionato do Mundo sub-17 que finalizou onte á noite na República Dominicana.

España enfrontouse a Corea del Norte na gran final, en busca do seu terceiro título consecutivo.

Coa futbolista do Dépor ABANCA no banco, Celia Segura adiantou ás españolas no 60. Igualaron as coreanas no 64 e o marcador xa non se movería.

Na quenda de penaltis, Corea del Norte adxudicouse (3-4) a medalla de ouro.

España derrotou (3-0) a Inglaterra en semifinais o pasado venres.

A canteirá deportivista participou nos últimos minutos do encontro ao relevar a Alba Cerrato, unha das goleadoras.

En cuartos de final, a selección goleou o pasado domingo 27 de outubro (5-0) a Ecuador, segundo clasificado do grupo A. 

A canteirá non tivo minutos nesta ocasión.

Elena Vázquez, que saíu no once inicial, concluíu o martes 22 de outubro a Primera Fase con vitoria ante Colombia (1-2) para confirmar o seu billete para a Fase Final. 

A xogadora do Dépor foi substituída no minuto 57 por Aiara nun choque que se decidiu para as españolas cun gol de Irish no minuto 90.

A segunda cita no torneo para España foi o sábado 19 de outubro ante a República de Corea.

Venceron as españolas con claridade (5-0) nun partido no que se produciu o debut de Elena Vázquez debido a que no minuto 72 substituíu a Amaya García.

No primeiro encontro, a selección impúxose (3-1) a Estados Unidos. Nesta ocasión a futbolista do Dépor ABANCA seguiu o xogo desde o banco.

Os resultados de España no torneo foron os seguintes:

Primera Fase
Mércores 16 de outubro
ESPAÑA 3 - ESTADOS UNIDOS 1

Sábado 19 de outubro
ESPAÑA 5 - REPÚBLICA DE COREA 0

Martes 22 de outubro
COLOMBIA 1 - ESPAÑA 2

Domingo 27 de outubro
Cuartos de final
ESPAÑA 5 - ECUADOR 0

Venres 1 de novembro
Semifinais
ESPAÑA 3 - INGLATERRA 0

Domingo 3 de novembro
ESPAÑA 1 - COREA DEL NORTE 1. A penaltis: 3-4

A selección española sub-17 é a vixente campioa de Europa nun torneo no que participou outra deportivista, Lucía Rivas, que se recupera dunha lesión de xeonllo.

Elena Vázquez ten previsto chegar á Coruña este mércores.