RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Elyse Bennett subliñou na súa presentación o "nivel moi alto do Dépor ABANCA"

Elyse Morgan Bennett (27 de decembro de 1999, Lake Forest, Illinois, Estados Unidos), coñecida futbolísticamente como Elyse Bennett, foi presentada esta mañá en Abegondo como xogadora do Dépor ABANCA até final de temporada.

Kevin Cabado, responsable do equipo, lembrou que "xogou as 3 últimas temporadas na Primera División de Estados Unidos. A súa última experiencia foi en San Diego Wave FC".

Cre que "nos vai a achegar máis alternativas en ataque, un perfil máis diferente ás atacantes que temos no día de hoxe".

Explica que "nos vai a achegar moito en xogo de costas, en estatura, en balón parado ofensivo e defensivo, no ataque a espazos, en finalización en área. É unha dianteira moi completa".

Finalmente Kevin Cabado desvela que "os seus datos condicionais son moi bos para o pouco tempo que leva".

Pola súa banda, Elyse Bennett manifestou que o nivel do Dépor ABANCA "é moi alto. Espero poder pronto ter un impacto positivo no equipo tanto fose como dentro do campo e poder axudar o máximo posible. Sorprendeume o nivel alto do equipo".

Explica que a decisión de vir a España foi "rápida de tomar. A nivel persoal é unha boa oportunidade de crecer".

Ve "o momento adecuado despois de 3 anos na liga americana, vir e probar unha experiencia nova".

A nova dianteira branquiazul resalta que a súa adaptación "está a ser moi boa. Pensei que ía tardar un pouco máis. As compañeiras recibíronme moi ben".

Despois de presenciar o encontro da pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante o Atlético de Madrid, confesa que "o gocei moito. Gustoume ver diferentes estilos de xogo. Só vin un partido e gustoume".

Bennett confesa falar coa madridista Sofía Jakobsson, con quen coincidiu no San Diego Wave FC e defínese como unha xogadora "intrépida; sen medo; forte; rápida; que podo xogar ás costas da defensa, abrir espazos; rematadora de cabeza; que podo golpear coas dúas pernas... En definitiva calquera cousa para axudar ao equipo".