RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

En marcha a bancada solidaria para o partido entre o Dépor ABANCA e o FC Badalona Women

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste sábado 30 de agosto (18:00 horas) fronte ao FC Badalona Women, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido a Asociación Les Coruña e o Hogar Sor Eusebia.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.