RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL
PORTADA

Eneko Bóveda non continuará no RC Deportivo

Eneko Bóveda Altube (Bilbao, 14 de decembro de 1988) non continuará xogando no RC Deportivo. O lateral biscaíño chegara ao Dépor no mercado de inverno da temporada 2017-2018 e finaliza o seu periplo Deportivista con 83 partidos, 2 goles, 5 asistencias e case 7.000 minutos de branquiazul.

O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Eneko Bóveda, un dos capitáns do equipo, o seu traballo diario e a súa achega a todos os niveis durante esta etapa no Club, desexándolle os maiores éxitos nos seus novos proxectos profesionais.