RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Ensaio xeral do plan de partido para o "moi bo reto de ir gañar a Miranda"

O Dépor realizou esta mañá entre os campos 2 e 3 de Abegondo, nunha calorosa e asollada mañá, o adestramento forte da semana.

Óscar Gilsanz, após unha activación con finalizacións, ensaiou o plan de partido para o que Pablo Vázquez cualificou de "moi bo reto de ir gañar a Miranda", este domingo 13 de abril ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) en Anduva.

O central deportivista advertiu que o conxunto burgalés "é un dos mellores locais se non o mellor. Ese é o noso obxectivo. Aínda non temos a permanencia selada. Iso para empezar".

Apunta que "ao CD Eldense queda moito por apertar, ao Sporting e Zaragoza queda moitísimo por apertar... Nós non nos podemos relaxar nadiña de nada".

Conclúe Pablo Vázquez a súa reflexión apelando á prudencia: "Nós no noso camiño e eu creo que é a mellor maneira de tomarse este tipo de cousas. #ANOSAFORZA entendo que se monte as súas cousas porque se non nos move a ilusión ás persoas que nos move? Non nos move nada máis. Pero impero á prudencia e ao pasiño a pasiño".

Un exercicio de posición no campo 2 completou a xornada no céspede.

Están con adestramento personalizado Juan Gauto e Dani Barcia; con Ximo Navarro, confirmada a súa renovación até xuño de 2026, en repouso deportivo.

Preguntado en sala de prensa polo central coruñés, Pablo Vázquez confirma que "el xa asumiu que este ano xa non vai volver a competir e que está noutro proceso. Ten bastante tempo por diante para rexenerar a zona e sumarse á pretemporada que vén coa maior ilusión e coas maiores ganas posibles".

Alberto, Samu e Mardones foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 en Abegondo.