RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda na Coruña para o Castilla-Dépor

O Real Madrid CF puxo a disposición do Deportivismo 250 entradas, en formato físico, do Estadio Alfredo Di Stéfano a un prezo de 19 euros cada unha, de cara ao partido do próximo domingo 23 de outubro ás 18:00 h. (Insports.tv e Real Madrid TV).

Ao ser en formato físico, as localidades venderanse, presencial e exclusivamente a persoas socias do Club, a partir do martes 18 de outubro e até o xoves 20 ás 13:30 h., na Oficina de Atención ao Deportivismo do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) dentro do seu horario habitual, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas, unha ou dúas por carné, mostre o DNI orixinal (ou copia ou imaxe) de cada persoa que as vai a utilizar, e que un deles pertenza á persoa titular do abono. O Real Madrid CF realizará comprobación nominativa nas portas de acceso ao Estadio.

A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta e para os seus membros a cota do total de entradas (40%) correspondente por convenio entre ambas as entidades.