RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda na Coruña para o Unionistas-Dépor do domingo

O luns 20 ás 10:00 h., nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR, comeza a venda das entradas postas a disposición polo Unionistas de Salamanca CF para o partido da quinta xornada de Primeira RFEF Footters que se disputa no Estadio Reina Sofía o domingo 26 de setembro ás 12:00 h. (Footters).

O propio luns, martes, mércores, ou até esgotar a dispoñibilidade, as entradas venderanse na avenida de La Habana s/n de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O xoves a venda finalizará ás 13:30 h.

O prezo das entradas é de 20 euros para maiores de 18 anos. Juniors (entre 7 e 17 anos, ambos inclusive): 10 euros, Infantil (menores de 7 anos): 5 euros. Cada persoa socia poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio que realiza a compra como do resto de destinatarios dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos. Os peñistas interesados en entradas para o partido deben contactar coa Federación de Peñas.