RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Entradas de público para o Dépor-Osasuna

Para o partido da segunda eliminatoria de Copa do Rei do próximo xoves 16 ás 21:00 h. contra o CA Osasuna póñense entradas a disposición da afección que queira acudir ao Estadio ABANCA-RIAZOR e que non teña carné do Dépor 21-22. As socias e socios do Deportivo poden acceder directamente co seu carné.

Os prezos das entradas para o público oscilan entre os 20 euros da Tribuna Superior e os 10 de Pavillón Inferior (Esgotada Marathón Inferior).

As entradas poden comprarse seguindo o mesmo método que se veu utilizando nos últimos partidos en ABANCA-RIAZOR, a través da páxina:

https://bancada.rcdeportivo.es/

O día de partido, as entradas poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 21:00 h. En horario de mañá tamén será posible realizar renovación e altas de abonos.