RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Equilibro de forzas entre Sárdoma CF e Deportivo ABANCA B

Sárdoma CF e Deportivo ABANCA B equilibraron as súas forzas (0-0) en partido correspondente á 20ª xornada na Primeira Nacional.

A protagonista do encontro foi Paula Monteagudo, que acaba de ser premiada en Vigo, a súa cidade natal, e enfrontouse como deportivista ao seu ex equipo, o Sárdoma CF, no que ademais brillou especialmente.

Kevin Cabado non puido contar nas Relfas con Paula Novo e con Tati, que, ademais de Aroa Guerra, desprazáronse co Deportivo ABANCA a Lleida.

A pesar de todo, as deportivistas competiron ben ante un rival dos grandes do grupo.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é cuarto na táboa con 33 puntos.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Elena López 'Cusi', María Calvo, Ansede, Uxía Cabada, Marta Rico, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Laura Testa, Laura Otero e Noela. Tamén xogaron: Mar, Abril Pazos, Marta Méndez e Lucía Mariño.

A próxima semana toca partido grande en Abegondo, coa visita do líder do grupo, o PM Friol.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías FF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B - CF Versalles, o sábado 19 de marzo ás 16:15 en Abegondo
CD Olímpico de León - Deportivo ABANCA B, o mércores 13 de abril ás 17:00
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero, Trillo e Marta Méndez)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 0
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA B 0