RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Erik Puerto: Somos un vestiario dos mellores que tiven na miña vida

Erik Puerto compareceu esta mañá ante os medios de comunicación a poucas horas do seu debut co Dépor este sábado 25 de maio ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV) ante a Real Unión de Irún, no último partido de liga no grupo 1º de Primera Federación.

Asegura que no vestiario branquiazul "coñecín a persoas incribles. Somos un vestiario dos mellores que tiven na miña vida. Deportivamente crecín moito porque estás día a día con auténticos profesionais e cando estás con profesionais fai ser profesional a ti".

Afirma que en Abegondo "son moi feliz. Aínda que non xogase, tentei axudar, achegar o meu granito de area. Creo que si saíu ben".

O porteiro branquiazul afronta o choque ante os irundarras "da mellor maneira, con tranquilidade e con paciencia. Estou bastante tranquilo. É un partido máis. Grazas a deus este ano puiden disputar 13 partidos (no seu anterior club e até xaneiro). Hai que tentar seguir a dinámica que quere o equipo que é a de gañar. Dános igual ascender xa que nós somos o Dépor e imos ir a gañar ese partido".

Non se toma o encontro deste sábado como un exame de cara á Final de Campións ante o CD Castellón e opina que Imanol Idiakez "vai acertar porque Alberto, eu e Germán, que agora está fóra, estabamos súper preparados para o noso momento. Entón que elixa o míster e xa está".

Confesa que "un soño que eu sempre tiven é debutar en ABANCA-RIAZOR, nun estadio como é ABANCA-RIAZOR. E o que máis me alegra é diante de #ANOSAFORZA aquí na Coruña. Pero á fin e ao cabo é un partido máis. Eu estou súper tranquilo no meu día a día. Quero estar tranquilo, non me quero comer a cabeza con que vai moita xente. Quero pensar que vai saír todo xenial, que vai saír todo xenial e que imos gañar".

Finalmente Erik Puerto reitera sobre ese dobre choque ante os castellonencos que "somos o Deportivo e o Deportivo vai querer gañar todo porque temos un nome, estamos a representar un escudo, unha cidade. Estamos convencidos de que imos ir a por todos os partidos e imos ir a gañalo seguro".