RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

España non pode con Portugal nun partido tamén con minutos para o deportivista José Rey

O deportivista José Rey tivo minutos de xogo hoxe sábado 9 de setembro ante Portugal no segundo partido da selección española sub-17 no Torneo Internacional que se disputa na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

O canteirán branquiazul saltou ao campo no minuto 72 en substitución de Diallo e non puido evitar a derrota española (4-1).

O primeiro partido desta competición foi o pasado mércores ante Marrocos. José Rey foi titular nun partido que gañou España (2-1) con dous goles nos últimos minutos. O canteirán branquiazul estrelou un balón no pau nunha das mellores ocasións do combinado español.
 
José Rey regresará á Coruña o mércores 13 aínda que antes, o martes 12, disputará o terceiro e último partido deste torneo, ás 18:00 ante Inglaterra.

O atacante branquiazul, que está no seu primeiro ano de xuvenil, xa xogou o ano pasado coa selección española sub-16, coa que gañou por exemplo no mes de novembro o Torneo Football Federations Cup en Alfaz do Pi (Alicante).

O calendario dos partidos de España, todos eles no Pinatar Area Stadium, é o seguinte:

Mércores 6 de setembro
ESPAÑA 2 - MARROCOS 1

Sábado 9 de setembro
PORTUGAL 4 - ESPAÑA 1

Martes 12 de setembro
18:00: INGLATERRA - ESPAÑA

Iano Simão, o luns ante Sierra Leona

O lateral fabrilista foi citado pola selección nacional de Guinea-Bisáu con motivo dun partido clasificatorio para a Copa de África ante Sierra Leona.

O encontro disputarase este luns 11 de setembro ás 18:00 (hora local, 20:00 en Galicia) no Estadio Nacional de Bisáu.

Despois de 5 partidos no seu grupo, os guineanos son segundos con 10 puntos, por detrás de Nigeria, que ten 12. Sierra Leona ten 5 puntos e pecha a clasificación Santo Tome e Príncipe con 1 punto.

Iano Simão permanecerá co seu combinado nacional até o martes 12 e, por conseguinte, será baixa no encontro de mañá domingo ás 13:00 en Abegondo ante o Rayo Cantabria pertencente á 2ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.