RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Esta tarde asemblea extraordinaria do Deportivo para as próximas eleccións

Mentres a afección coruñesa, tras o éxito deportivista en Cartaxena, segue enfrascada en cálculos e cábalas ao redor das posibilidades do Deportivo de face á súa permanencia na categoría, e aínda con sete xornadas por diante, na sede branquiazul ultímanse

Ten como único punto do día a convocatoria de eleccións para a presidencia do club, a condición de que o aproben os socios-compromisarios convocados e elixidos recentemente.

De aprobarse a convocatoria, mañá mesmo abriríanse os prazos regulamentarios do proceso electoral, que podería quedar pechado o 8 de maio coa proclamación dun nuvo presidente, o día 9 no caso de que se presentase unha candidatura soamente.

De ser dous ou máis, continuarían todo o calendario electoral que establecen os regulamentos federativos ata o 27 de maio en que se celebrarían as eleccións.

O equipo regresou onte á noite

Pasadas o dez da noite de onte chegou á estación de San Cristóbal o tren Talgo, Madrid-A Coruña, que traía á expedición do Deportivo que, pode dicirse, estivo a viaxar en ferrocarril desde o dez da noite do domingo, inmediatamente despois do partido no Cartagonova, en que saíu de Cartaxena ata Madrid...e desde alí o Talgo ata a capital herculina...