RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Estrella Galicia envórcase coa loita polo ascenso do Dépor cunha edición especial das súas botellas

Estrella Galicia quere mostrar unha vez máis o seu apoio ao Dépor e presenta unha edición especial de botellas que rende homenaxe ao equipo e, moi especialmente, á súa afección, #anosaforza.

Baixo a lema, “Ti és a nosa forza”, a cervexeira coruñesa, principal patrocinador do club, quixo sumar un activo máis no esforzo colectivo cara ao desexado ascenso a Segunda e mostrar unha vez máis a súa implicación co equipo e, moi especialmente, cos seus seguidores, que acompañaron ao equipo de forma exemplar durante esta difícil travesía.

Máis de 968.400 botellas de Estrella Galicia vestidas coas cores do Dépor chegarán nos próximos días aos establecementos de hostalaría da cidade e manteranse até fin de existencias.