RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Eva Dios reincorporouse aos adestramentos do Dépor ABANCA tralo seu paso pola selección española sub-20

Eva Dios reincorporouse aos adestramentos en Abegondo do Dépor ABANCA, que prepara estes días a seguinte cita ligueira, a visita do Sporting de Gijón á Cidade Deportiva deste sábado 25 de setembro ás 17:00 horas. O choque corresponde á 3ª xornada en Reto Iberdrola.

A futbolista galega adéstrase con normalidade ás ordes de Miguel Llorente despois de estar concentrada coa selección española sub-20 a pasada semana, co obxecto de disputar dous amigables fronte a Costa Rica coincidindo cun parón da liga.

En ambos os encontros, os dous saldados con triunfo español, Eva Dios tivo minutos de xogo. No primeiro (0-5) do pasado xoves 16, comezou o choque no banco e saltou ao campo no minuto 76 en substitución de Ornella Vignola.

E no segundo (0-4), co que se puxo o punto e final a esta concentración do equipo nacional, a atacante deportivista xogou a última media hora ao substituír no minuto 66 a Fiamma Benítez.

Os partidos entre estas dúas seleccións sub-20 formaron parte dos actos do Bicentenario da Independencia de Costa Rica e foron presenciados en directo por varios altos cargos do país centroamericano.

Concluída esta concentración, a selección española sub-20 pon as súas miradas no próximo Mundial da categoría, que se celebrará en 2022 precisamente en Costa Rica.

Eva Dios, que este verán ampliou a súa vinculación co Dépor ABANCA até 2023, recolleu o testemuño de Paula Novo, do Dépor ABANCA B, que acaba de disputar un torneo amigable en Francia coa selección española sub-19.