RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Exercicio de resiliencia do Dépor ABANCA para sumar un punto na súa visita ao Real Madrid CF

O Dépor ABANCA practicou un exercicio de resiliencia para sumar un punto na súa visita ao Real Madrid CF (2-2), en partido correspondente á 22ª xornada na Liga F.

As branquiazuis adiantáronse 2 veces no marcador e foron capaces de frear ás madrileñas cando estas lograron igualar o encontro.

Con este resultado, As Nosas suman 22 puntos situados provisionalmente na 11ª praza da táboa.

Saíu o Real Madrid CF lanzado á área de Inês Pereira. 

O Dépor ABANCA tentou saír co balón xogado desde atrás a pesar da presión alta das madrileñas.

Con estas premisas, as primeiras opcións foron locais.

Ao cuarto de hora de xogo, a ex deportivista Athenea dispara lixeiramente cruzado.

Ao minuto, Angeldahl xuta ás mans da porteira deportivista.

O partido deu un cambio de rumbo aos 21 minutos. Antonia Silva agarra a Millene na área branca cando a branquiazul protexía a pelota. A colexiada Ylenia Sánchez pita sen dubidalo penalti que transformaría maxistralmente Olaya.

Púñase por diante o Dépor ABANCA.

O tanto fixo madeixa no Real Madrid CF. Mesmo Ainhoa Marín conduciu outra xogada de ataque deportivista que Paula Novo non conseguiu rematar na área, ben taponada pola defensa madridista.

Carla Camacho tivo a seguinte ocasión nun desmarque de Athenea polo seu carril zurdo. A dianteira madridista, na área pequena, non logrou precisar o seu remate ante Inês Pereira.

A última ocasión foi para outra ex deportivista, María Méndez. O seu disparo desde fóra da área foise lixeiramente alto.

Con vantaxe do Dépor ABANCA chegouse ao descanso.

Alberto Toril, técnico madrileño, dispuxo 3 cambios no descanso coa entrada de Linda Caicedo, Lakrar e Toletti.

Con todo empezou ben o Dépor ABANCA. Antonia Silva roubou en última instancia o balón a Millene cando a brasileira se aprestaba a rematar ante Misa na área.

O empate chegou no minuto 52 nunha cabezada de Carla Camacho a saque de falta de Toletti que non pode desviar Inês Pereira.

A pesar do mazazo tentou o Dépor ABANCA non perder de vista a Misa. Millene e Olaya protagonizaron as seguintes aproximacións.

Golpearon de novo as deportivistas no marcador no minuto 62. A canteirá Paula Novo fai unha boa internada en banda dereita e o seu centro a Bárbara remátao a propia porta Antonia Silva.

O Real Madrid empatou de penalti aos 81 minutos. A colexiada sinala un dubidoso penalti de Lucía Martínez a Linda Caicedo que Olga Carmona transforma.

Apertou o equipo madridista en pos dos 3 puntos a pesar de contar cunha clara vantaxe na súa segunda posición da tabla.

Carla Camacho rematou fóra na área no minuto 88. 

Xa no desconto tiveron opcións Alba Redondo e Linda Caicedo, cuxo disparo durísimo o atallou nunha boa parada Inês Pereira.

Con este exercicio de resiliencia deportivista acabou o encontro no Estadio Alfredo Di Stéfano.

Real Madrid CF: Misa, Shei, Antonia S., María Méndez (Lakrar, min. 46), Yasmim, Angeldahl (Toletti, min. 46), Irune (Olga Carmona, min. 58), Moller (Alba Redondo, min. 73), Eva Navarro (Linda Caicedo, min. 46), Athenea e Carla Camacho

Deportivo ABANCA: Inês Pereira, Vera, Marina Artero (Elena Vázquez, min. 90+3), Paula Gutiérrez, Millene (Elyse Bennett, min. 71), Ainhoa Marín (Hmírová, min. 86), Olaya, Raquel, Bárbara (F. Lara, min. 86), Lucía Martínez e Paula Novo

Árbitra: Ylenia Sánchez Miguel, do comité catalán. Amoestou a Antonia Silva (min. 21), Lucía Martínez (min. 44), Irune (min. 56), Paula Gutiérrez (min. 75) e Alberto Toril (min. 85)

Goles: 0-1 Olaya (min. 23); 1-1 Carla Camacho (min. 52); 1-2 Antonia Silva pp (min. 62); 2-2 Olga Carmona (min. 81)

Incidencias: partido disputado no Estadio Alfredo Di Stéfano.