RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Fernando Soriano: "É para estar contento co rendemento e a actitude que poñen os xogadores, implicadísimos sempre"

Fernando Soriano, Director de Fútbol, compareceu na sala de prensa de Abegondo concluído o mercado de inverno.

Explica que o cadro queda conformada por 26 futbolistas, "24 con ficha primeiro equipo máis Charlie Patiño e Obrador con números de Fabril pero pertenciendo ao primeiro cadro".

Lembra que se realizaron 4 fichaxes "para contrarrestar un pouco as saídas e complementar a idea que levabamos de cadro".

O executivo branquiazul engade tamén "a operación de Escudero, que non vai chegar até a temporada que vén; polo que tamén modificou os plans que tiñamos de principio".

Desvela que nas conversacións con Óscar Gilsanz o obxectivo neste mercado invernal era fichar "un 8 que nos dese algo diferente ao que nos daba Villares. Tanto Hugo Rama como Charlie non entraban na rotación nin a dispoñibilidade de minutos. Denis (Genreau) é un xogador de non moita estatura pero dinámico, con bo trato de balón, que nos vai a dar esa función que nos podía faltar".

Sobre o dianteiro, "buscabamos un dianteiro diferente, que tivese algo máis de espazo, de mobilidade, capacidade fose da área... Desde hai tempo atrás viñamos seguindo a 'Zaka' (Zakaria Eddahchouri). Na temporada pasada o número de goles era rechamante. Dentro das opcións de mercado vimos aconsellable a fichaxe, tamén de futuro. Imos esperar que siga marcando os mesmos goles que en Holanda".

Fernando Soriano apunta que a última hora a chegada de Tošić debeuse a que "a decisión da operación de Escudero chegou a mediados do mercado. Tiñamos a dúbida de ser conservadores e poder aguantar esa lesión con dores até o final. Pero despois dun pequeno forcejeo nun adestramento volveu a luxarse o cóbado e decidiuse pasar polo quirófano. Vai ter de baixa 3 ou catro meses. Vai chegar xusto ao final de temporada e decidimos reforzar esa parcela".

Finalmente de Diego Gómez subliña que "vén reforzar a zona de ataque".

Conclúe que este mercado de inverno veu marcado "pola situación de Yeremay polo movemento deportivo que ocasionaba, un xogador moi importante para nós; e logo a nivel económico: a inxección de capital que chegaría en caso de venda facía que o mercado fóra nunha dirección ou outra. O Club nunca chegou a negociar, só escoitou moitas propostas e mesmo algunhas delas oficiais e con importantes cantidades. Pero tanto o Club como Yeremay tiñan claro que este camiño tería que ser unidos".

As cifras en LaLiga Hypermotion que indicou Fernando Soriano falan de 70 operacións, "o último día 22 movementos, os últimos 5 días o 60%. Os equipos que máis se moveron son os de abaixo, adoita pasar. CD Eldense e FC Cartagena con 9 e 8 fichaxes tentan remodelar o cadro. Nós estivemos na zona media con 4 incorporacións e 2 non estaban previstas nun primeiro momento".

E do Fabril enumerou a saída de Dylan Iglesias e as cesións de Hugo Villaverde ao Arosa SC e de Quique Teijo ao Ourense CF: "Cando vemos que pasan etapas e hai equipos de superior categoría que nos poden dar unha continuidade e unha esixencia maior vémolo conveniente porque buscamos a mellora do xogador para que logo tenten ser xogadores do primeiro equipo, como pasou con Diego".

Aproveitou a explicación da operación de Noé Carrillo o pasado venres no Hospital Quirónsalud La Luz de Madrid para "reforzar a posición que leva o Club coas melloras que se están facendo en Abegondo, non só para o primeiro equipo, senón para o fútbol feminino e #ANOSACANTEIRA. Vaise a empezar a facer un ximnasio ao fondo (do campo de herba sintética). Todo para mellorar as condicións e poder achegar un valor engadido aos nosos xogadores que veñen de abaixo e que son o futuro do Club".

Acerca da lesión do canteirán, insiste en que "o Club non escatimou ningún esforzo. Fíxose en Madrid cos mellores cirurxiáns para telo nas mellores condicións canto antes. Non poderá xogar de aquí ao final".

Por último afirmou que "Guerrero o veredes con número de Fabril" e no Xuvenil A "temos a xogadores que estamos a seguir moi de preto e que o ano que vén formarán parte do Fabril".

A continuación púxose a disposición dos medios de comunicación. Estas foron algunhas das súas frases:

Charlie Patiño e o Fabril
"Non se contempla que baixe a competir co Fabril a día de hoxe. Necesita por idade, por idioma, por cultura unha aclimatación un pouco máis longa. Vemos as condicións que ten e vemos que ten futuro. Valorouse a cesión pero pensamos que o estar aquí máis tempo preto dos compañeiros, vivindo o Deportivo de preto viríalle mellor para a súa aclimatación".

Yeremay
"Fomos moi claros cos clubs que foron chamando e as propostas que foron chegando. Remitiámonos á cláusula. Houbo un momento que tiña medo de que alguén a puidese pagar. Estaban a se achegar perigosamente a cifras xa que era dar un paso máis; pero desde o primeiro momento empezamos xa a conversar co xogador. E predisposición absoluta desde o primeiro momento de darlle continuidade ao paso que xa dera o ano anterior. Foi unha cousa mutua. Está feliz aquí, sente querido, cada día vai progresando nun nivel de esixencia persoal moi profesional. E rendendo de forma moi continuada".

Saídas
"Tiñamos claro ser claros con eles: 'oe, a túa situación deportiva é esta. Leste vai ser a priori o rol'; porque é certo, hai que dicilo, que o nivel de adestramento e a esixencia diaria de todos é incrible. Desde o que máis xoga ao que menos xoga é de admirar. Estabamos dentro das fichas. A nivel económico se hai saídas dáche unha pequena marxe, pero non era necesario. En moitos casos foi unha decisión particular".

Lucas Pérez
"Foi un golpe anímico, de liderado. É certo que é unha decisión valente, sacrificando moitísimo a nivel profesional. Sabemos o que Lucas quere ao Club e tomar esa decisión é de valorar".

"Cando moitas veces non tes preto todo o que a túa queres ás veces aféctache. Todos coñecemos a Lucas, cun corazón enorme, unha persoa entrañable que por suposto é irreemplazable".

Cadro máis ou menos forte agora
"O futuro dirá, eu creo que compensamos as carencias que podiamos ter".

"Somos máis completos, temos máis versatilidade. Perdemos coa baixa de Lucas e de Escudeiro sobre todo a balón parado".

Fichaxes do estranxeiro
"Ves cousas de futuro que poden estar ben e lánzasche tamén ao mercado estranxeiro. Temos unha secretaria técnica formada por Nacho Lourido cos datos; Gerardo co mercado internacional; Juanjo Expósito, Moreira e Antonio Méndez o mercado nacional e internacional. Estamos en constante movemento para adaptarnos ao orzamento que che marca o Club para fichar, ás eventualidades que poida haber dentro de lesións ou saídas de xogadores que podamos ter; e estar un pouco preparado e buscar sempre opcións dentro uns parámetros".

Obxectivo
"Ir dando pasos. Somos o Deportivo, un club grande e a nosa identidade debe ser a de saír a gañar todos os partidos. agora vén a UD Almería, que vai segundo na clasificación e debemos saír a gañar como teremos que saír despois contra o CD Eldense. Esa é o noso obxectivo. A partir de aí imos ver o rendemento que somos capaces de dar no campo e creo que que levamos boa liña".

Óscar Gilsanz
"Estamos moi contentos porque está a sacar un rendemento importante ao cadro. Por suposto con momentos mellores que outros, pero con situacións interesantes que creo que o equipo está a referendar, na clasificación tamén".

Cadro máis caro
"Parecida".

"O plan estratéxico do club teno moi claro. Estades a ver a reforma que se está facendo e a que se vai a seguir vendo. Presentarase deica pouco cando estean todos os permisos e licenzas para empezar a edificar todo o que se vai a facer. Se algo ten claro o Club é que non todos os recursos teñen que ir a xogadores".

Renovación de Dani Barcia
"Vai ben. Conversamos. Levamos tempo. El viña dunha lesión, todo atrasouse. Tamén o mercado desvíache un pouco, pero a cousa vai ben".

Fin de contrato de Hugo Rama
"Termina en xuño".

Valoración do mercado de verán
"Cando nós valoramos aos xogadores, sempre valoramos o tema grupal, o diario... Nese sentido é para estar contento co rendemento e a actitude que poñen os xogadores, implicadísimos sempre e predispostos a calquera cousa".

Diego Gómez
"É unha recuperación bastante sinxela por a boa relación co CD Arenteiro. Vímolo perfecto porque llo estaba gañando. Se seguistes un pouco ao CD Arenteiro podedes ver que Diego era unha peza importante, facendo moi bo labor. Estaba no momento de dicir: 'aquí tes a oportunidade e agora xa depende de ti'".