RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fin de semana sen competición para o Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA completou unha esixente semana de adestramentos sen fútbol ligueiro debido aos compromisos das seleccións nacionais.

Por este motivo, Fran Alonso non puido contar no campo 6 do Dépor Training Center coas internacionais Espe Pizarro, Michi Apóstol e Inês Pereira; ademais da canteirá Antía Veiga.

As Nosas gozarán de varios días de descanso antes de retomar os adestramentos o martes 2 de decembro a partir das 10:30.

A próxima cita en Liga F para o Dépor ABANCA está prevista o sábado 6 de decembro ás 12:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o Granada CF, en choque correspondente á 13ª xornada.