RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fin de temporada para As Nosas

Cun último adestramento no campo 5 de Abegondo esta mañá, As Nosas puxeron punto e final á temporada 2023-24.

Para terminar, Irene Ferreras dispuxo dun partido no que participaron tamén os membros do corpo técnico.

Paula Monteagudo, en rolda de prensa, admitiu hoxe que estas semanas sen competición tras ascender á liga F, "non levan igual. Non é o mesmo estar a pensar toda a semana en que tes que xogar un partido e facelo ben, que chegue a fin de semana e non teñas nada que facer. Entón, con certo relax, tentando non perder a forma, que é o fundamental agora mesmo".

O cadro deportivista márchase de vacacións sen data de volta fixada polo momento.