RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Fisaude, novo provedor de material de fisioterapia para o Dépor

O RC Deportivo redobra a súa aposta por #ANOSACANTEIRA e, á gran modernización da Cidade Deportiva e á renovación das grandes promesas, únese a adquisición do mellor material de fisioterapia grazas a un acordo con Fisaude.

Deste xeito, a firma convértese en provedor oficial de produtos de fisioterapia e tecnoloxías médicas.

En virtude deste acordo, os servizos médicos do RC Deportivo contarán cos últimos equipos de rehabilitación, como a Bomba Diamagnética CTU Mega 20 ou a onda de choque diamagnética CTU S Wave, tecnoloxía de vangarda de Fisaude que xa se utiliza na Cidade Deportiva de Abegondo no día a día para para acelerar os procesos de recuperación ante calquera lesión e garantir que estean ao 100% durante toda a competición.