RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso asegura que "somos ambiciosas" e vaticina unha segunda volta "moi boa"

Fran Alonso afirmou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR ao concluír o partido ante o UD Costa Adeje Tenerife que a súa valoración da primeira volta "non é mala. Estamos a 8 puntos do equipo que marca o descenso. Comparado co ano pasado, que estabamos metidas de cheo en descenso, é unha situación moitísimo mellor. Dános moitísima confianza, fainos atrevernos a ser moi agresivas, a facer unha presión alta agresiva, tomando riscos atrás..."

No entanto, apunta após este encontro que pechaba a primeira parte da competición que "somos ambiciosas, queremos máis, confiamos moito no grupo. Estou seguro que esta segunda volta vai ser moi boa".

O técnico branquiazul cre que ante o UD Costa Adeje Tenerife "estivemos ben contra un rival moi bo. O equipo vai seguir crecendo. Hai cadro para facelo mellor".

Recalca finalmente Fran Alonso que ABANCA-RIAZOR "é o noso fortín. Aquí ninguén vai saír con puntos salvo que o merezan e que teñan unha moi boa actuación. Sempre temos a ilusión de xogar diante de #ANOSAFORZA, que nos apoian, que nos axudan a sobrepornos a eses momentos máis complicados. Sentimos moi cómodas aquí. Só perdemos un partido aquí e podemos seguir crecendo".

E márcase como materia pendente "tentar replicar as actuacións que temos en ABANCA-RIAZOR fóra de casa".