RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso cre que o Dépor ABANCA "vai acabar a temporada moito mellor do que estamos agora"

Fran Alonso advertiu na sala de prensa do Dépor Training Center que o Alhama CF, rival este domingo 26 de abril ás 12:00 (Dazn e RTVE Play) en ABANCA-RIAZOR, "xógase a vida. O partido da primeira volta foi o noso peor partido do ano. Superáronnos moitísimo en intensidade, gañáronnos todas as segundas accións".

Cre que o conxunto murciano "é un equipo moi vertical, con moitísima velocidade nas bandas, que moitas veces esa primeira liña de presión queda descolgada así que calquera perda pódese traducir nunha ocasión".

O técnico deportivista pide "estar moi ben nesas primeiras e segundas accións, moi concentradas. Estamos con moitísima ilusión de gañar".

Así pois espera un Alhama CF que "o vai a dar todo, vai loitar cada balón porque se xoga estar en Liga F".

Salvado xa matematicamente o equipo do descenso, Fran Alonso quere "demostrar que o compromiso con este escudo é ao 100%. A pesar de que cumprimos o primeiro obxectivo, é un club ambicioso, somos un equipo ambicioso e queremos seguir crecendo".

Está convencido que o Dépor ABANCA "vai acabar a temporada moito mellor do que estamos agora, imos tentar escalar posicións e seguir mellorando ese modelo de xogo, que fomos de menos a máis esta temporada".

Finalmente o adestrador branquiazul márcase como obxectivos nesta recta final "o desenvolvemento constante. Iso é innegociable. Até o último partido de liga temos que loitar para crecer individualmente como futbolistas, como adestradores e logo que o Club siga crecendo, siga sumando".

Lembra que "agora mesmo o obxectivo prioritario é, gañando, pornos na 11ª praza, adiantamos ao RCD Espanyol, que nos saca 2 puntos. E ese é un obxectivo moi bo. Conseguido ese porémonos o seguinte. Queremos sumar os máximos puntos posibles nestes partidos que quedan ademais de seguir xogando ben, seguir sendo valentes, limitar o número de imprecisións que tivemos... Temos os nosos obxectivos en cada partido pero co obxectivo de seguir crecendo".