RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Semana de volta á liga para o Dépor ABANCA coa visita do Alhama CF a ABANCA-RIAZOR este domingo 26 ás 12:00

O Dépor ABANCA arrincou este luns 20 de abril no Dépor Training Center a semana de regreso á liga despois de 15 días de parón na competición polos compromisos das seleccións nacionais.

Das futbolistas branquiazuis internacionais, nesta primeira sesión só estivo Inês Pereira. Nos próximos días iranse incorporando Espe Pizarro, Hildah Magaia, Lucía Rivas e Paula Redruello.

Aínda que non houbo partido oficial nestas dúas últimas semnbas, As Nosas se xogaron un amigable a pasada semana en Portugal ante o FC Porto, cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas.

Co Dépor ABANCA en 12ª posición da Liga F con 26 puntos, Fran Alonso disporá de 5 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center para preparar a visita do Alhama CF a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 26 de abril ás 12:00 (Dazn e RTVE Play).

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 20 de abril
10:45 h.

Martes 21 de abril
10:45 h.

Mércores 22 de abril
10:45 h.

Xoves 23 de abril
Descanso

Venres 24 de abril
10:45 h.

Sábado 25 de abril
10:45 h.

Domingo 26 de abril
12:00: Deportivo ABANCA - Alhama CF, en ABANCA-RIAZOR