RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Fran Alonso cre que para repetir un triunfo como o do FC Levante Badalona pasa "por pór moito corazón, moito traballo, moita calidade e tentar impor o noso xogo"

Fran Alonso cualificou o partido ante o Granada CF de mañá sábado 26 de abril ás 12:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR como "vital. As sensacións do noso último partido en casa (ante o FC Levante Badalona) foron espectaculares, a comuñón con #ANOSAFORZA. O partido foi buenísimo, as sensacións despois do partido foron marabillosas, sentimos súper felices. Queremos vivilo de novo. Todo iso pasa por pór moito corazón, moito traballo, moita calidade e tentar impor o noso xogo ante un rival que está fenomenal este ano".

Mostrouse confiado esta mañá na sala de prensa de Abegondo en "as nosas posibilidades. Vai ser un Deportivo ABANCA con confianza que vai ir a gañar o partido".

Cre que a clave está en "telas o máis afastada posible da nosa área. E iso pasa por facer un bo partido e estar ao 100%".

Por conseguinte, espera o técnico deportivista un partido "dificilísimo. A clasificación dio así".

Apunta nesta liña que o equipo andaluz "ten moitísimo potencial, moitos recursos. Ten un cadrado por dentro e sábeno utilizar. Sabe ser directo e ten bo xogo combinativo. Paréceme un equipo moi perigoso en centros laterais e na área. Tamén faiche moito dano en pelota parada ofensiva".