RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "Están todas moi enchufadas e temos moitísimas ganas de mellorar a última actuación mañá"

Fran Alonso compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo como previa do seu encontro ligueiro fronte ao Real Madrid CF, mañá sábado 14 de decembro ás 16:30 en ABANCA-RIAZOR. 

O adestrador deportivista resalta que todos os cambios requiren un proceso de adaptación e as xogadoras están moi unidas. Ademais, "están todas moi enchufadas e temos moitísimas ganas de mellorar a última actuación mañá".

O Dépor ABANCA é consciente da dificultade do encontro, segundo Fran, pero "temos moitas ganas de facer un bo partido, de competir ben". Con respecto ao rival, "teñen dúas por posición e dúas moi boas, aínda que xogaron Champions, as rotacións non lles afectan, pero teñen debilidades e aí imos tentar castigalas", engade.

O técnico tamén resalta a súa alegría de cara a xogar nun estadio como ABANCA-RIAZOR: "Paréceme que a aposta do club polo fútbol feminino é espectacular. Xogar en ABANCA-RIAZOR, que é un dos mellores estadios no país, contra un rival da categoría do Real Madrid, é unha experiencia preciosa que espero que todas as xogadoras gocen, eu así o farei". 

Finalmente, ve o encontro como "unha boa oportunidade para competir. En caso de conseguir puntos sería espectacular. E en caso de non conseguilo, ninguén espera que consigamos nada. Isto é un proceso e para min o importante é como vexo o día a día".