RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso fala de "ilusión por poder facer algo precioso e pasar á seguinte rolda"

Fran Alonso subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que ante o duelo copeiro ante a Real Sociedad deste domingo 21 de decembro ás 12:00 (TVG) en ABANCA-RIAZOR que "vimos con moitas ganas. É unha competición distinta na que queremos pasar de rolda, sen moito que perder; diante de #ANOSAFORZA, onde somos moi fortes".

Segundo o técnico deportivista, "tivemos moito volume de accións defensivas o último partido de liga (precisamente ante a Real en Zubieta) e é algo que queremos corrixir".

Así pois, ve este segundo duelo consecutivo ante o conxunto vasco como "unha oportunidade de ouro para ver se aprendemos dos erros da fin de semana pasada; e con moita ilusión de poder facer algo precioso e pasar á seguinte rolda, sabendo que imos xogar contra un equipo que está nun momento de forma espectacular, en postos Champions e moi sólido".

Finalmente Fran Alonso admite que a Copa é un torneo "no que imos sen expectativas de chegar á final ou semifinal. Todo o que veña é positivo. Permítenos que unha xogadora que non tivo oportunidades os últimos partidos téñaas. E gústanos. O ano pasado foi unha experiencia bonita. Viñamos de Valencia. Metéronnos un gol nunha xogada na que estabamos con 10 por unha lesión. Logo crecemos no partdo e acabamos moi ben. Aquí #ANOSAFORZA aperta moito, axúdanos moito e non llo imos a pór fácil a un rival que é favorito".