RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "Cando non ganas tes que matizar cousas porque iso quere dicir que non estás todo o axustado que deberías"

Antonio Hidalgo pediu na sala de prensa do Nou Estadi Encamp "ser consecuentes coa idea. Cando non ganas tes que matizar cousas porque iso quere dicir que non estás todo o axustado que deberías".

Nesta liña, trazou a folla de ruta para Os Nosos: "Agora descansar, seguir matizando cousas e mellorar. Tivemos unha xeira de partidos que sumamos moito antes. Agora non. Levamos 32 puntos, unha boa cifra de puntos".

Iso si, razoa que "se nos dixesen hai 3 semanas que nos iamos a quedar con estes puntos non estariamos contentos. Eu o primeiro".

O preparador branquiazul explica a segunda parte do Dépor con que "isto vai de 90 minutos. Cando es mellor que o rival como fomos na primeira parte tes que porte por diante no marcador. Esa é a importancia dos goles nesta categoría".

Lembra que o FC Andorra "leva facendo as cousas ben moito tempo. Levan traballando moitísimo tempo coa mesma idea. Na primeira parte non nos crearon perigo. Iso acumúlache un desgaste e empézasche a afundir. Aínda así tivemos a de Villares e a de Loureiro, esta clarísima. Póñome a buscar ocasións claras do FC Andorra e non atopo tantas. Pero nese dominio empézanche a faltar pernas e hai que darlle voltas".

Conclúe o técnico deportivista que "os partidos nesta categoría duran 90 minutos e tes que ter esa sensación de sufrir os malos momentos. Aínda así o equipo seguiu empuxando pero é unha derrota máis".

Finalmente Antonio Hidalgo puxo o punto e final á súa rolda de prensa cunha denuncia: "No mundo do fútbol pódese dicir calquera cousa a todo o mundo. E chega un momento no que non podemos ter a xente detrás do banco insultando constantemente. Se paramos os partidos por outras cousas, haberá momentos en que teñamos que levantar a voz e alguén terá que dicir algo. Non vale todo".