RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "Mentalmente somos un equipo máis forte, con máis confianza e estamos preparadas para loitar até o final"

Fran Alonso vaticinou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "os equipos que se salven vanse a salvar nas últimas xornadas. Hai que seguir loitando, tentar conseguilo canto antes pero sabendo que se cadra imos estar até o último día de competición loitando. Estamos preparadas para iso. Con iso en mente imos tentar sacar os 3 puntos".

O técnico deportivista sostén que "demos un paso na dirección correcta. Dúas vitorias consecutivas para un equipo que está en zona de descenso son súper importantes. Dános moi boas sensacións".

Destaca que "o equipo segue crecendo, xogando mellor e estamos a mellorar cousas que temos que mellorar. É evidente que as xogadoras senten con máis confianza. Agora son máis capaces de expresarse no campo. Mentalmente somos un equipo máis forte, con máis confianza e estamos preparadas para loitar até o final".

Mañá sábado ás 16:00 ante o Valencia Féminas CF en ABANCA-RIAZOR espera un "partido moi difícil. Para elas é súper importante. Verannos como un rival directo, como un equipo que estivo aí con elas e van vir a dalo todo. Para nós é un partido en ABANCA-RIAZOR, diante de #ANOSAFORZA. Todos os partidos en casa temos ese plus, sentimos que somos unha xogadora máis co apoio da nosa afección. Ímolo a dar todo como facemos sempre".

Pide finalmente Fran Alonso non subestimar ao Valencia Féminas CF "a pesar da súa posición na táboa. É un equipo que desde a chegada de Cristian Toro (o seu técnico) gañou moitísimo en intensidade. Os resultados son mellores e é un equipo moi perigoso. Reforzáronse moito ou sexa que hai moitas incógnitas de como son as novas. Imos tentar centrarnos en nós sabendo que é un rival perigoso. Teñen moita altura para o balón parado ou sexa que temos que estar ao noso mellor nivel para tentar sacar os 3 puntos".