RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso ve a un Dépor ABANCA "con moitas ganas desa primeira vitoria"

Fran Alonso subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o Dépor ABANCA "está a crecer. Temos moitas ganas desa primeira vitoria. Non se puido dar nos dous primeiros partidos e estamos a pór todas as ganas para que sexa o domingo (ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Athletic Club", a pesar da calidade do rival, por todos coñecida".

Ao técnico deportivista gustoulle o primeiro tempo do seu equipo na CE Dani Jarque ante o RCD Espanyol: "Tivemos o control do partido, case un 70% de posesión. Iso non se traduciu en ocasións pero tivemos dous bastante boas. Tivemos mala sorte cunha decisión que nos afectou bastante. Probablemente foi unha das razóns polas que non conseguimos os 3 puntos. No segundo tempo nos desordenamos un pouco máis pero logramos o punto. E o seguinte paso é conseguir esa vitoria".

Do Athletic Club, tamén un dos rivais da pasada pretemporada, recalca que "ten un novo míster. É un equipo aínda en construción. Cando nos enfrontamos a elas faltábanlles as internacionais e tiñan algunha que outra lesión. É un equipo que vai ir de menos a máis. A derrota ante o FC Barcelona é algo esperado. Se cadra o resultado non era tan esperado (1-8). Pero é moi bo equipo, con moitísima calidade, cunha canteira buenísima, con xogadores novas con moitísima proxección, con moitas que son pezas crave nas categorías inferiores da selección española... É un equipo moi perigoso".

Finalmente Fran Alonso, en ABANCA-RIAZOR ante #ANOSAFORZA, quere "impor o noso xogo" e admite que "cando hai un novo míster os equipos tardan un pouco en asimilar as novas ideas. É o rival que nos tocou e temos moitas ganas de dar eses 3 primeiros puntos á nosa xente".