RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso ve ao Dépor ABANCA "en boa dinámica, crecendo"; e ás xogadoras, "confiadas"

Fran Alonso subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o Dépor ABANCA "está en boa dinámica, crecendo" e ve ás xogadoras "confiadas. Estamos ben en tema de lesións... Iso paréceme moi importante sobre todo agora, que é unha parte decisiva da temporada".

Do RCD Espanyol, rival este domingo 2 de marzo ás 12:00 (Dazn) na Cidade Deportiva Dani Jarque, apunta que "está desde que empezou o ano nunha dinámica un pouco negativa, pero é un equipo moi bo, moi ben traballado, directo e vertical. Teñen moi traballadas as caídas, son moi perigosas na transición e pódeche facer moitísimo dano. Non marcaron moitos goles, pero si xeraron moito perigo".

Indica que "tivemos 2 semanas para examinalas e espero poder contrarrestar as súas virtudes e facerlles dano nalgunha das partes que estudamos".

Por conseguinte, vaticina un partido "dificilísimo. Elas xóganse todo como nós e esperamos un partido moi difícil sobre todo alí no seu campo".

O preparador branquiazul lembra que "estamos en moi boa dinámica, temos moita confianza e podemos facer un bo partido".

Advirte que "cada partido para nós é unha final, afrontámolo con moitísima ilusión, pómoslle moita preparación durante a semana, tanto o corpo técnico como as xogadoras".

Iso si, Fran Alonso admite que "canto máis preto do final de liga, máis importante convértense os resultados. O RCD Espanyol está nunha zona similar na táboa connosco e sería súper importante conseguir os 3 puntos. Ímolo a dar todo para que así sexa".