O Real Club Deportivo, o Apoel FC e Francis Uzoho chegaron a un acordo para o traspaso do gardameta internacional nixeriano ao equipo chipriota.
O Real Club Deportivo quere desexar a Francis a maior das sortes neste novo proxecto profesional e agradecerlle o seu gran traballo mentres defendeu as cores do Dépor en temporadas anteriores.