Galicia, o terceiro equipamento do Dépor 2019-2020
O Real Club Deportivo renderá tributo un ano máis á súa terra, no terceiro uniforme da Temporada 2019-2020. O equipamento homenaxea a GALICIA, completando a iconografía dunha camiseta que evolucionou co paso dos anos para conter todos os elementos identitarios da comunidade. A bandeira galega presentada, como hoxe, un 25 de xullo de hai 5 anos, deu un paso máis o pasado 17 de maio de 2018 coa inclusión da letra do himno galego en toda a banda que atravesa a camiseta desde o ombreiro dereito até o costado esquerdo.
Ambos os elementos, a banda da bandeira e o himno mantéñense intactos. As 2 grandes novidades atópanse baixo o escudo e na parte posterior do pescozo. Baixo a insignia do Deportivo a camiseta loce esta temporada a silueta de Galicia, o icónico perfil do catro provincias galegas. Na parte posterior, o 17 de maio, día das Letras Galegas e a bandeira da pasada campaña deixan paso ao único que faltaba á camiseta para pechar o círculo: o nome da nosa terra en maiúsculas: GALICIA.
A outra novidade, máis de tipo estético, son as dúas bandas verticais que atravesan de arriba abaixo a camiseta polos costados, en "azul Dépor", para vincular as cores do equipo con todos os símbolos de Galicia que loce esta nova camiseta.
A bandeira, o himno, a silueta e o nome da comunidade. Esas son as razóns para honrar "Galicia", o terceiro equipamento do Dépor 19-20.