RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gandoy: "Confiamos en nós, confiamos no míster e imos mellorar aos poucos seguro"

Yago Gandoy pasouse esta mañá pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, minutos antes de arrancar a sesión de adestramento do Deportivo.

O futbolista coruñés afirma sobre a ausencia de público o vindeiro domingo 25 de outubro no Estadio Vero Boquete de San Lázaro (17:00 horas, TVG) ante a SD Compostela que "está claro que nos partidos en ABANCA-RIAZOR vainos a influír. O outro día as 3.000 persoas que había no estadio leváronnos polo aire. Parecía que había 30.000. Nos partidos como locais pódenos afectar algo pero como visitantes, que en San Lázaro non haxa público non nos afecta. Imos moi ilusionados e moi motivados para conseguir os 3 puntos alí".

Da SD Compostela, destaca que "mantén a base do ano pasado, do equipo de Terceira que conseguiu o ascenso. Coñezo a moitos dos xogadores e teñen moita calidade. É un partido que nos vai a custar, como todos".

Lembra como unha "sensación incrible" a xogada do 2-1 do pasado domingo ante o Salamanca CF UDS na que foi o autor do centro do gol de Bóveda: "Foi espectacular que conseguísemos os 3 puntos no minuto 97, con toda a xente celebrando e apoiándonos para darnos os 3 puntos".

Sobre o terreo de xogo, comenta que onde se atopa "máis cómodo é de mediocentro. Todo o mundo sábeo. Durante toda a miña vida xoguei de dobre pivote e mesmo de 6, con 2 por diante. Si que é verdade que o míster me está utilizando noutras posicións e respéctoo e quero sumar aí. Está claro que na miña posición hai moita competencia, xogadores de moito nivel e non é fácil entrar nesa posición".

Non cre Gandoy que o equipo séntase atenazado por conseguir resultados: "Estamos na primeira xornada. Hai que ter calma. O importante do outro día é que a pesar de que non foi un partido extraordinario logramos os 3 puntos. Temos que ir aos poucos. Dentro do vestiario non temos presión ningunha. Imos ir partido a partido. Sabemos que vai ser difícil cada partido. Pero seguro que imos mellorar porque temos moi bo cadro".

Admite iso si que "a esixencia e a responsabilidade ímola a ter durante todo o ano. Xa o sabemos. Pero levámolo ben. Sabemos que temos un moi bo cadro, confiamos en nós, confiamos no míster e imos mellorar aos poucos seguro. O importante é conseguir os 3 puntos, empezar con forza".