RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Grazas Deportivistas, co voso apoio conseguímolo

O RC Deportivo chega ao final da temporada despois de alcanzar as máis importantes metas propostas a principios da mesma grazas ao apoio de #ANOSAFORZA.

O primeiro equipo masculino confirmou hai varias semanas a súa permanencia en LaLiga Hypermotion, clave para a consolidación e crecemento do proxecto.

Así mesmo, o Dépor ABANCA seguirá entre os mellores clubs de España ao certificar a súa continuidade na Liga F cun último partido en ABANCA-RIAZOR presenciado por máis de 5.000 deportivistas.

Pola súa banda, o Fabril logrou clasificarse para o play off de ascenso a Primera Federación, un novo éxito para #ANOSACANTEIRA.

O filial feminino, o Dépor ABANCA B, proclamouse campión do grupo 1º de Tercera Federación e logrou o ascenso a Segunda Federación.

De novo en categoría masculina, o Xuvenil A foi campión do grupo 1º da División de Honra e xa está entre as 4 mellores canteiras de España.

Tamén houbo éxitos nas categorías inferiores femininas. O Orzán SD Sub-21 logrou o ascenso á Tercera Federación, categoría na que antes militaba o Dépor ABANCA B.

E o Orzán SD Xuvenil xa é novo equipo de Primera Autonómica.

Non nos podemos esquecer dos nosos internacionais, cada vez en maior número nas categorías inferiores de España, Marrocos, Honduras... A lista é numerosa tanto en categoría masculina como feminina: Yeremay, Michi Apóstol, David Mella, Kevin Sánchez, Raúl Lema, Nico Balbas, Nikolay Dyulguerov, Antón Vilariño, Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande e Dunia Dahmouni.

A Cidade Deportiva de Abegondo, unha das instalacións máis modernas de Europa, é xa un referente de talentos.

A pesar dos éxitos cultivados, o Club non dá un paso atrás e xa traballa para seguir crecendo e superando novos retos a próxima campaña.

Forza Dépor!