RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Gustavo: "Cheguei a pensar que nunca máis vovería a xogar ao fútbol"

Hai 12 anos era noticia no seo do equipo herculino a reaparición despois de tres meses no dique seco de Gustavo, que onte adestrou por primeira vez cos seus compañeiros desde o mes de Agosto.

O propio xogador non quere crearse novas ilusións cando se lle refire a posibilidade da súa posta a punto definitiva para poder xogar partidos de competición. "Prefiro non dicir nada respecto diso. Vou centrarme en porme en perfectas condicións para poder xogar o máis pronto posible, pero nunca forzando o ritmo. Non sería unha mala despedida de ano. ou mesmo unha boa benvida para o novo, verme coas botas postas e outra vez nun campo de fútbol".

En canto ao adestramento do equipo, Arsenio tiña algún que outro problema para poder elixir o lugar no que celebralo na mañá de onte, xa que non lle permitían utilizar o terreo de xogo da Torre, pero finalmente liquidóuselle a cuestión ao dispor do campo de herba sintética situado nesa mesma zona. Alí os xogadores exercitáronse con dureza, como vén sendo habitual no equipo.